En fin, ano novo e entrada nova. Non está mal, creo que xa vou collendo ritmo, ao mellor ata hai unha aceleración criminal.
Hoxe quenta o sol, este tempo está moi raro, e eu non fago nada importante, o que é bastante habitual.
Xa non estou en Salamanca, xa nin de Salamanca me acordo, pero estou en Pontevedra.
É curioso, en tódalas cidades nas que estiven vivindo máis tempo estivo tamén un tal Alonso de Fonseca. Non sei eu que tal lle iria a el na vida, pero problemas de cartos non tiña, o que xa é un avance. É igual, se cadra tampouco lle foi moi ben.
