Ola, xa que o meu amigo atrapado (que raro sona esto así) se molestou en buscar a páxina para que recordase o contrasinal vou reinaugurar o blog este.
Agora mesmo estou en Salamanca, é un sitio un pouco raro, pero ten o seu encanto. Ten dúas catedrais, dúas universidades, un río, unha praza maior, bastantes bares, unha pila de "yanquies"... é completiña. A verdade é que non lle vexo ningún problema a este sitio, ao mellor non me entendo moi ven coa xente, pero nada máis.
Bueno, xa está, xa contei todo o interesante que tiña que contar, non está mal para ser o segundo primeiro día.

1 Comments:
oi
tudo bem?
pois si, parece que vas collendo algo de ritmo, agora xa se pode dicir que publicas unha entrada cada ano, máis ou menos.
que vaia ben logo por Salamanca, polas catedrais e polas universidades, e por onde andes.
ai, e tamén podías habilitar a posibilidade de facer comentarios anónimos, que se non só os que teñan unha conta en Blogger poden poñer un comentario.
ala logo, nada máis, esperando que a viaxe estea chea de tesouros, despídome ata outra.
14/11/06
Post a Comment
<< Home