Ola, xa que o meu amigo atrapado (que raro sona esto así) se molestou en buscar a páxina para que recordase o contrasinal vou reinaugurar o blog este.
Agora mesmo estou en Salamanca, é un sitio un pouco raro, pero ten o seu encanto. Ten dúas catedrais, dúas universidades, un río, unha praza maior, bastantes bares, unha pila de "yanquies"... é completiña. A verdade é que non lle vexo ningún problema a este sitio, ao mellor non me entendo moi ven coa xente, pero nada máis.
Bueno, xa está, xa contei todo o interesante que tiña que contar, non está mal para ser o segundo primeiro día.
